Espalla!

Fúchedes moitos e moitas as que vos interesáchedes estes días pola saúde e o benestar do compañeiro Xosé Manuel; a operación realizouse con éxito no día de onte, e aínda que durmiu na UCI por precaución e protocolo neste tipo de intervencións, xa acaba de subir a planta e atópase ben e con bos ánimos.

Agora tócalle descansar e coller máis forzas das que levou para volver ao 100% á alcaldía do concello. Dende aquí queremos agradecer as mostras de agarimo e cariño que recibimos por parte de vós para darlle azos ao alcalde. Foi unha pequena pedra no camiño que xa está superada.

Continuamos na loita!

Espalla!