Espalla!

ACE vén de rexistrar unha moción que defenderá no vindeiro pleno de Cangas na que esixe á Xunta o Centro de Alta Resolución para o Morrazo.  

Dende ACE crese que a Consellería de Sanidade está realizando unha confusión deliberada con respecto ó estudo de necesidades sanitarias, pois “estase a realizar enquisas nos concellos de Moaña e Cangas”, obviando Bueu, polo que é imposible que dito estudo conclúa que é necesario o C.A.R para O Morrazo.

Dende ACE instan aos concellos que conforman a Mancomunidade do Morrazo a implicarse neste tema de vital importancia, remando na mesma dirección para non rematar facendo seguidismo das directrices da Xunta. 

“Se sumamos ós tres concellos do Morrazo acadamos case 60.000 habitantes”; algo que fai necesario e imprescindible a construción dun C.A.R, e máis se “miramos cara outros lugares como o Centro de Alta Resolución de Trujillo, que atende a unha poboación de 48.000 habitantes nun espazo de algo máis de 6.000 m2″.

Alternativa Canguesa de Esquerdas propón instar á Consellería de Sanidade para que inclúa no estudo a Bueu, algo vital para acadar máis peso na construción do Centro de Alta Resolución; así como dirixirse ás alcaldías de Moaña e Bueu para realizar unha asemblea extraordinaria da Mancomunidade para tratar este mesmo asunto.

Podes ler a moción aquí