Espalla!
  • Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de manter una xuntanza con colectivos de pensionistas da vila, para recoller as súas demandas e presentar o programa  en materia de benestar social.
  • “Desexamos a integración das persoas maiores na vida da vila como suxeitos activos, e en contra do illamento e soidade ós que habitualmente se vén sometidas,  e para elo e en coa colaboración cos servizos sociais, promoveremos o envellecemento activo e saudable.”
  • Comprometémonos a continuar dando o noso apoio nas institucións e nas rúas ás súas demandas e reivindicacións; tanto na petición de derrogación das dúas reformas en pensións así como nos recortes dos coeficientes dos mariñeiros, mariscadoras e redeiras.

O 20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e co aumento da esperanza de vida esta porcentaxe irá en aumento, pero que unha persoa sexa maior de 65 anos non quere dicir que non sexa precisa para a sociedade. Non creemos no  illamento dos maiores, nos “fogares de pensionista” nin na súa presencia testemuñal para encher espazos públicos, é obvio que a situación actual de este colectivo é moi distinto o que algún día representaba dito colectivo.

Victoria Portas apuntou que estas persoas “teñen que ter un envellecemento activo e saudable, un dereito ao ocio, formación, cultura, práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidan intervir activamente na vida económica, social, cultural e política da nosa vila.”.

Para isto, ACE propón, entre outras cousas, a inclusión de Cangas na Rede de cidades amigables coas persoas maiores, proxecto creado pola OMS onde participan moitas cidades doutros puntos e que busca a integración activa deste colectivo.

Tamén apostarase pola evolución e información das situación de necesidade social e a resolución das situacións, ningunha persoa en necesidade ou risco de exclusión social debe quedar desprotexida, poderíamos falar de :

  • Medio de transporte para aquelas persoas maiores soas, sen recursos ou enfermas.
  • Implantación do programa participativo mirada activa, que é un proxecto enfocado a unha colaboración comunitaria  para paliar a soidade das persoas maiores.
  • Reforzar o SAD (Servizo Axuda a Domicilio), reforzalo en horas e servizos para que as familias poidan levar a cabo a conciliación familiar e laboral cando no seu fogar existen dependentes.  E pola outra banda, a mellora laboral das persoas que levan a cabo dita actividade social tan necesaria.
  • O control das situación de necesidade ou risco de exclusión social: cubrir as súas necesidades básicas e principalmente a pobreza enerxética.
  • Ademais de actividades culturais, musicais e de lecer.

Estamos en contra das residencias privadas as cales a maioría da veciñanza de Cangas non poderían acceder por cuestión económicas. Portas engadiu que “sacar a persoas dependentes ou maiores do seu entorno crea problemas severos de saúde;  afastarte da túa xente e da túa casa provoca un maior desarraigo. Nós promoveremos un estudo motor de alternativa á convivencia”

A vivenda a alternativa das residencias serían apartamentos  a través do aluguer social, conmutación do aluguer, compra a través de cooperativas ou recuperación de edificios. Todo isto serviría para dotar de servicios comúns (lavandería, comedores ou robotización das vivendas entre outros); acadando así un aforro en materia enerxética dende o principio de solidariedade e cooperativismo.

“Reiteramos que o noso apoio está garantido na loita da recuperación do dereito fundamental que é ter  pensións dignas e suficientes, así como a loita contra as pensións por baixo do limiar da pobreza” concluíu Victoria Portas.