Espalla!

Onte o pobo de Cangas despediu ao compañeiro Pepe Chapela. Un home que se convertiu no primeiro alcalde da democracia de Cangas trala ditadura franquista. O noso compañeiro Xosé Manuel Pazos tivo a oportunidade de adicarlle unhas palabras; el recordounos como Chimé tivo complicado chegar ata o goberno municipal -apoiado polo BNG e pola Unidade Galega- por pertencer ao Partido Comunista, e apuntou ademais de maneira acertada que “ogallá saibamos estar á metade da altura do goberno municipal de Pepe”. Unha época aquela onde só en dous concellos gañou a esquerda do Partido Comunista: Cangas e Ogrobe.

Recordamos cando Pepe era conciso “Nós máis que políticos locais queriamos ser políticos universais. A nosa discusión non era o sistema de arranxar unha rúa, senón o sistema político en xeral.”. Nunha máis que merecida homenaxe, onte recordamos ao avogado Pepe Chapela, entre bágoas, bos recordos e sorrisos; lembrando o seu altruísmo e humildade; cunha conciencia de clase rigorosa e sempre ao lado das máis desfavorecidas.

Para nós é moi emocionante que a veciñanza impulsase este acto tralo cabodano do compañeiro Pepe Chimé; moi ligado a ACE, estivo nas listas da nosa coalición nas derradeiras eleccións locais.

Dende onte, Pepe Chimé xa ten unha rúa en Cangas, a antiga Rúa Cega pasa a chamarse Rúa Alcalde Pepe Chapela, cumprindo así coa moción impulsada de maneira popular.