Espalla!

A débeda do Concello pasa de 14M/€ co PP a 9,9M/€ con ACE na concellería de Facenda.

A corporación do Concello de Cangas aprobou onte en pleno extraordinario os orzamentos deste ano.

O concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, defendeu o documento da proposta. Son uns orzamentos que acadan os 16,5 millóns/€. É importante resaltar temas como o periodo medio de pago ás entidades proveedoras de 8 días; unha cifra que mellorou moito, pois non hai que esquecer que o PP mantiña esta cifra en 61 días cando deixou o goberno no 2015.

Abalo resaltou a boa xestión a pesar da difícil situación económica herdada de Sotelo e compañía; que contaban cun remanente de tesourería negativo en máis dun millón de euros, actualmente esta cifra é positiva e mantense en 2,5 millóns de euros. Cartos que poderán ser investidos en mellorar a calidade de vida da xente do pobo de Cangas.

Aínda así, Mariano Abalo recoñece que as capacidades do Concello de Cangas aínda non son quen de asumir a totalidade das necesidades das prestacións sociais da vila, mais continuamos no bo camiño, “as cifras non enganan e están aí”.

Ante as numerosas mentiras e ataques da oposición respecto ó incumprimento do plan de axuste estatal, Abalo recorda que a situación favorable de máis de 3 millóns de euros exime de ter que elaborar un plan económico financieiro. Ademais, a oportunidade de usar o superávit municipal permitirá reducir aínda máis a débeda que non deixa de estancar ao concello, superando tamén a capacidade inversora que pode complementar con actuacións do Plan Concellos da Deputación.

Actualmente, a concellería de Facenda está elaborando un gran traballo e esforzo para sanear as contas desastrosas que deixou o Partido Popular; a débeda pasou de 14 millóns de euros a 9,9M/€