Espalla!

Diante da sistemática campaña noxenta, infantil e ridícula de Soliño e o PP, Alternativa Canguesa de Esquerdas dubida entre dúas cousas; contestar con argumentos todos os disparates do PP ou se deixar o asunto nunha posible denuncia por parte do digno colectivo de pallasos por competencia desleal. Como non nos treme o pulso e non temos nada que esconder, imos optar pola primeira opción.

O valor das declaracións de Soliño son similares ao máster de Cifuentes ou de Casado, porque para comezar, os documentos que manexa o PP non se tratan dun avance do PXOM, xa que nin sequera é o borrador definitivo.

A campaña do PP contra ACE está fundamentada non só no odio político, senón en que persoas destacadas da Alternativa Canguesa de Esquerdas xunto con moitos sectores sociais, tombaron os convenios urbanísticos de Aldán e Massó, matando un pelotazo urbanístico que como todo o mundo sabe acabou na Audiencia Nacional. De igual maneira, entendemos que a Soliño non lle fixo moita gracia deixar de ser concelleiro de urbanismo e técnico, acabóuselle o chollo de mesturar escandalosamente o seu cargo político coa súa profesión. E debemos tirar do famoso refrán: “Pensa o ladrón que todos son da súa condición”; e o mesmo ladrón non dubida en mentir descaradamente difamando e falando de chalets de amigos porque este individuo confunde Cangas con Mercadona.

ACE non ten intención de entrar nunha guerra sucia co PP, pero tampouco nos vai tremer a man se temos que falar da procedencia da pedra dun famoso chalet dun coñecido político de Aldán, de destapar portas xiratorias, do enchufismo notorio ou de como se foron acaparando proxectos técnicos utilizando postos políticos de privilexio. Tampouco imos tremer se temos que deixar toda esta información en mas da nosa asesoría legal.

Anunciarlle ao PP, que mal que lle pese imos continuar tendo reunións coas asociacións veciñais e colectivos sociais para garantir maior participación e transparencia, e non facer como fixo Soliño: ter nun caixón durante catro anos documentos de aprobación inicial do PXOM.

Para concluír, o goberno municipal vai continuar coa política de man tendida sempre e cando non se cometan barbaridades como distribuír un documento do PXOM que non ten validez; un feito que se acaba convertendo nunha estafa vendido por 9,90€ por culpa da gran irresponsabilidade do PP. Só nos queda invitar a estes señores a que rematen con esta vergonza e se poñan a traballar esquecendo os seus intereses particulares; pensando máis en Cangas e non dinamitar o PXOM dende un primeiro momento.

Espalla!