Espalla!

A Coordinadora Local de ACE fai pública a súa decisión de celebrar unha asemblea veciñal aberta o próximo xoves día 11 ás 20:00h da tarde no salón de plenos do Concello.

ACE considera de vital importancia que nestes momentos máis que falar de candidaturas e candidatxs é necesario explicar en que situación está o Concello e que problemáticas e propostas se presentan para abordar os auténticos atrancos que ten o Concello actualmente.

Nesta liña. consideramos que resulta fundamental informar, explicar e render contas da situación existente.

Dentro dos asuntos a poñer enriba da mesa explicarase a situación do expediente resolutorio do ciclo da auga, as irregularidades existentes no contrato ou a nosa posición en relación coa recollida e tratamento do lixo. Estes temas entre outros que tamén consideramos de interese público como a propia situación económica do Concello.

Finalmente, convidamos a todos os veciños e veciñas a participar neste acto que é intención trasladalo tamén ás parroquias.

Espalla!