Espalla!


Actualmente un de cada cinco galegos e galegas malviven na pobreza ou na exclusión social, pero no século XXI aínda parece un tema tabú.

Non pode ser un tema tabú! como se pode intentar ocultar que na actualidade, ao noso redor, amizades, familia, veciñanza e achegados poden estar a vivir nesta situación e por vergoña ou o que dirán ocúltase, o mesmo que o dato se oculta polas institucións?

Actualmente a 192.000 persoas se lles nega unha vida digna e a imposibilidade dunha inclusión social e laboral na nosa terra, a feminización da pobreza avanza en Galiza a pasos axigantados (24.4%) e temos que recoñecer que aquelas mozas e mozos, nenos e nenas que hoxe viven en familias que están na pobreza teñen a condena dun 80% herdar esa situación de exclusión.

Nos anos anteriores a crise económica e social, as políticas en xeral e as municipais en concreto foron vencelladas a grandes obras urbanísticas, a grandes acontecementos deportivos a grandes beneficios para o capital e esqueceron reforzar o piar do benestar social o piar dos dereitos sociais, e logo chegou a crise e a situación da poboación en xeral empeorou e as partidas cara a acción social víronse enormente mermadas. Pero que somos nas vilas, que queda de nós se non axudamos á nosa xente?

Hoxe, cando aínda a recuperación económica non está chegando ás persoas máis vulnerables,  temos as eleccións municipais a volta da porta, e nos concellos a ferramenta para poder instrumentalizar un camiño cara a erradicar a pobreza e a exclusión social entre a nosa veciñanza.

Aínda que no Concello de Cangas a inversión en Servizos Sociais incrementouse nun 50% con respecto a gobernos anteriores, aínda nos atopamos con datos que dan calafríos na comarca onde se atopan en risco de pobreza ou carencia material severa o 21.19% dos fogares dos cales 8.596 dependen única e exclusivamente de prestacións sociais.

Aínda queda moito por facer, non podemos perdernos na burocracia, a xente sen recursos non pode esperar, precisan Inclusión Activa non asistencialista, precisan profesionais que os atendan con calidade e profesionalidade, precisan de ti para poder localizar a tempo determinadas situacións e loitar todas xuntas contra a culpabilidade e os prexuízos.

A loita contra a perpetuación da pobreza é urxente, non condeemos a pobreza severa a familias con nenos e nenas, a comunidade xitana, discapacidade, mozos ou mozas extuteladas, persoas migrantes ou refuxiadas, vítimas de violencia machista, persoas maiores,  prostitución, etcétera.

A xente pobre non é pobre porque quere, merecen ter voz, empoderarse igual oportunidades, formación, a pobreza non pode ser un negocio, debe ser un convenio de colaboración entre concello, veciñanza, e organizacións de acción social cun enfoque de defensa dun dereito fundamental que é ter unha VIDA DIGNA.

Victoria Portas Mariño.

Espalla!