Espalla!

Dende a área de Facenda do Concello de Cangas facemos pública a evolución do remanente de tesourería partindo do momento en que asumimos a responsabilidade do goberno local, é dicir dende o 13/06/2015.

Viñamos dun remanente negativo de case un millón de euros, máis exactamente -958.776,45€, para reducir o saldo negativo a 31/12/2016 a -46.986,53€.

Xa cos datos actualizados a data de 31/12/2016, e confirmados o 15/05/2017, o Concello consegue situar o remanente de tesouraría en 2.076.665,51 millóns de euros o cal acredita unha evolución económica moi positiva así como unha solvencia evidente, factores que si se mantén esta tendencia e a contención da débeda nos permitirían consolidar investimentos, garantir en mellores condición o gasto corrente e a posibilidade de concretar rebaixas en impostos e taxas, como xa ocorreu no caso do tramo máis oneroso do IVTM para aliviar a presión provocada polo “montorazo” e a regularización. Neste sentido será fundamental ter confirmados e contrastados os datos da recadación de 2017 que pasa ao mesmo tempo por coñecer con exactitude as desviacións ou derivacións a alza ou a baixa que se poidan produciren ao longo do exercicio económico-financieiro do presente ano.

Para rematar, engadir que en lugar de enviar mensaxes catastrofistas sobre a economía local é fundamental reclamar un cambio drástico e profundo na política do Goberno do PP na financiación das Corporacións Locais evitando desangrar á veciñanza que tenque soportar unha brutal sobrecarga fiscal como ocorreu como xa dixemos co “montorazo” ou a regularización, coa suba do IVE ou sufrindo medidas de copagos e recortes en contraste coa fuga de impostos e capitais a Suíza, Panamá ou outros paraísos fiscais por non falar da amnistía fiscal ou das preferentes ou da última estafa do Banco Popular.

A nefasta política fiscal tamén afecta moi negativamente aos propios Concellos, boa proba de elo vén sendo a aplicación incorrecta da plusvalía que se non se toman medidas correctoras vai provocar outro serio desgaste económico aos Concellos como denuncia e reclama a propia FEMP E FEGAMP, porque máis alá do plan de pagos a provedorxs non se tomaron medidas na lei de financiación das administracións locais que permitiran xestionar os concellos sen ter que repercutir desfavorablemente ós petos da veciñanza.