Espalla!

Tras o Pleno celebrado o día 22 de xullo, queremos:

  • Facer constar e lamentar que esta estratexia de bloqueo BNG/PP cause unha grave parálise do correcto funcionamento do Concello e perdas económicas (como por exemplo subvencións) que o actual goberno non pode permitir, e ten, ademais, a obriga de denunciar.
  • Poñer en evidencia que tanto BNG como PP teñen toda a lexitimidade para impedir este goberno, pois as súas 10 concelleiras poden impoñerse sobre as de PSOE e ACE; máis entón que dean un paso ó fronte e configuren goberno, pois resulta evidente que toda vez que ó BNG lle saíu rá a súa pinza con Avante, só lles queda ensaiar e continuar votando co PP nun desesperado intento por configurar e consolidar esa nova maioría, coa que poder manter o seu feudo. Alá cada quen.
  • Deixar claro que existe un problema de fondo que vai máis alá das dedicacións, e a proba é que en Concellos como Moaña e Bueu (nos que goberna o BNG), con menos poboación e orzamento, teñen máis dedicacións e máis gasto nas mesmas, o que evidencia que o obxectivo é bloquear e estrangular un goberno de esquerdas que funcione. Neste senso, a oposición ten moi claro que para recuperar o poder perdido (porque así o decidiron as urnas), ten que facer o imposible para que dito goberno fracase, chegando ó absurdo de:
  • Bloquear o nomeamento das representantes do Concello de Cangas na Xunta de Goberno da Mancomunidade coa que se debaten asuntos como o CAR, ou a xestión e recollida do servizo do lixo.
  • Propoñer que só cobre o alcalde, iso si, por debaixo do salario que cobraba o Sr. Sotelo durante a súa ultima lexislatura (2011).
  • Afirmar publicamente (unha forza que se fai chamar de esquerdas) que de ter coñecido a proposta do PP (punto anterior) antes do Pleno, houbérana aprobado.
  • Manifestar publicamente pola parte que nos toca, as nosas desculpas á veciñanza polas lamentables incidencias producidas, pois consideramos que a política non pode nin debe expresarse en termos de intereses persoais nin tampouco nun enfrontamento nada construtivo.
  • A nosa porta segue aberta a quen estea pola labor de conformar unha equipa de goberno que teña como prioridade os intereses de Cangas, pero non para quen pretenda un goberno a calquera prezo mediante chantaxes, manipulacións ou vitimismos.

Seguimos agradecendo o apoio da veciñanza que nos respaldou porque contando con vós sacaremos Cangas adiante.