Espalla!

12 puntos básicos e urxentes

1. Apoio ás persoas e colectivos en perigo de exclusión económica e social. Participación activa do concello contra os desafiuzamentos. Aprobación dun plan global de inclusión na comunidade para as persoas con discapacidade.

2. Afondamento na loita en contra da desigualdade e a discriminación das mulleres e de calquera persoa ou colectivo por motivos de orientación sexual, relixiosa ou de orixe étnica. O concello non traballará con empresas que discriminen.

3. Desenvolvemento dunha política xuvenil baseada, non só no ocio, senón tamén no fomento da formación e do emprego.

4. Defensa sen concesións do noso patrimonio histórico, industrial e natural. Recuperación de espazos e restablecemento da legalidade en todas as beiras dos ríos.

5. A educación é fundamental. Colaboración directa con todos os axentes da comunidade educativa, para avanzar, dentro das nosas competencias, na procura da mellora deste dereito básico.

6. A cultura é un ben público. Cangas ten que recuperar o lugar relevante que tivo na creación e goce das actividades artísticas e culturais, potenciando a música, as artes escénicas e as artes plásticas. Fundación dun padroado da cultura, recuperación da rede galega de teatros e auditorios e da festa histórica “María Soliña e o desembarco dos turcos”; potenciando a Escola Municipal de Artes Escénicas e colaboración directa con todos os axentes creadores.

7. Impulso ao desenvolvemento turístico e ao comercio local con apoio ás iniciativas de dinamización e recuperación económica. Defensa da pesca e da agricultura como motores económicos.

8. Mellora das infraestruturas e de dotación de servizos no casco urbano e nas parroquias, primando, sempre dende o diálogo, as actuacións máis necesarias e urxentes.

9. Asumimos as reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade en materia sanitaria. Defensa irrenunciable da construción do CAR de Cangas e o Centro de Saúde de O Hío.

10. Acabaremos co espolio de impostos, taxas e prezos públicos aos que no someteu o Partido Popular nestes últimos anos.

11. Diálogo permanente coas persoas e os colectivos sociais e veciñais para afrontar as necesidades reais do municipio. Creación dos consellos parroquiais e recoñecemento das parroquias. Elaboración de orzamentos participativos. Someteremos a consulta popular todas as decisión importantes que afecten á maioría da poboación. Transparencia. Todos os acordos do Pleno e da Xunta de Goberno, así como as contratacións de persoal, obras e servizos, serán de coñecemento público.

12. Desenvolvemento dun urbanismo sostible e democrático, sen desigualdades, que protexa a nosa esencia urbana e parroquial. Impulso á creación de chan industrial nas zonas axeitadas.

Espalla!