Espalla!
  1. Cal é a situación actual das Cíes?
  • Estamos en setembro, mes que adoitan escoller os visitantes que fuxen da masificación, e hai pouca afluencia de visitantes, pero ideal no sentido de conservación, de desfrute para os visitantes e de xestión para o persoal do parque…  aínda que a estas alturas a situación de deterioro da illa é grave e evidente… (erosión de camiños, deterioro de infraestruturas, etc.,) sinceiramente, atópase a illa no peor momento de conservación dende que foi declarada como (parte dun) parque nacional, cando o propósito  desta declarición é todo o contrario… asegurar a súa conservación 
  1. Cantos anos levades queixándovos o persoal das Cíes polo sobrepaso dos cupos diarios?
  • Pois máis da metade dos anos de vida do parque… o que empezou sendo unha masificación, superándose os cupos en días puntuais, por exemplo nos festivos e algún fin de semana de xullo ou agosto, foise incrementando a asistencia nos últimos anos ate este último verán onde a sensación dos que aquí traballamos, era de agobio e masifición constante todo o verán, cousa que se constatou as veces que se realizaron conteos de visitantes no peirao, con varios días dobrándose o aforo permitido
  1. Que supón a masificación das Cíes?
  • Supón moitas graves cousas, dada a peculariedade de que o terreo insular é moi areoso, é tamén moi fráxil e sensible ao pisoteo, se a isto se lle suma o especialmente seco que foi este ano, a combinación foi moi negativa e aínda o pode ser máis no momento que se produzan fortes chuvias e as correspondentes escorrentías nos camiños. Tamén, aínda que sexa pouca a porcentaxe de visitantes neglixentes e pouco respectuosos co medio, haina, e a canta máis afluencia haxa, máis posibilidades de cafradas ás que nos enfrontamos a diario, acceso a zonas de reserva prohibidas, saídas dos camiños principais e apertura de atallos, tirada de lixo polos camiños, entre eles cabichas de tabaco co risco de incendio… onde en caso de incendio forestal, cun par de milleiros de persoas camiñando pola illa, onde reinan nesta illa especies pirófitas sen practicamente ningún tipo de mantemento, poidemos atoparnos cunha situación dunha extrema gravidade e de consecuencias posiblemente catastróficas  En resumidas contas a masificación presenta danos ecolóxicos propias da masificación en si, e outras polo incivismo dunha pequena parte. E por outro lado está a imposibilidade de garantir a seguridade das persoas por exemplo en caso de catástrofe por incendio forestal.
  • “A sensación dos que aquí traballamos, era de agobio e masifición constante todo o verán”

  1. Apreciades as illas máis deostadas?
  • Si, xa o comentaba antes… a declaración da illa como parque nacional debería asegurar a protección medioambiental dos valores ecolóxicos que posúe, e non o está facendo… Os que vimos traballando dende a declaración do parque ou incluso dende antes cando era Parque Natural,  vimos un deterioro evidente, cremos que pola desidia e falla de inversión das administracións e alimentado pola avaricia do capital.
  1. Cal foi a actitude da Xunta perante estas irregularidades?
  • Desidia é a palabra que se me ocorre para resumir a actitude da xunta frente as irregularidades coa venda de billetes e en xeral na xestión do espazo natural. Cando por un lado o aumento de visitantes foi evidentemente en aumento nos últimos anos, a inversión da Xunta foi en retroceso, reducíndose, por exemplo, o persoal de vixiancia e mantemento ao servizo da conservación do espazo natural. Desidia ou falta de interese e de actitudes políticas ante o negociado dun PRUX (Plan Rector de Uso e Xestión) ambicioso no sentido conservacionista, as leis vixentes e as súas correspondentes sancións son irrisorias fronte ao beneficio obtido por quebrantalas
  • É un problema complexo porque cando o parque leva xa uns cantos anos de vida, debería ter en funcionamento o PRUX de mínimos, que é un documento básico para xestionar cada Parque Nacional, xa que nel regúlanse a ordenación dos recursos e recóllense e defínense límites,  pero levamos uns anos con baile de varios borradores onde os lobies de presión con voz, voto e intereses económicos botan por terra cada vez que se pretende asinar…  en resumidas contas, agora mesmo para que se asine o plan debe estar de acordo por exemplo as navieiras, e estas que so velan polo seu interese económico e ningún medioambiental, canto máis aforo teñan mellor e desbotan toda idea de reducir o número de visitantes permitidos, cousa que si piden as organizacións ecoloxistas. Tamén teñen que estar de acordo as cofradías e estas están en desacordo no tocante a que se declaren zonas de reserva integráis de pesca.
  1. Que che parece o turismo que están promovendo dende o Concello de Vigo e dende a Xunta respecto ás Illas Cíes?
  • A forma de promover a illa dista moito de como o fan o resto localidades posuíntes de espazos naturais protexidos, aquí ofértase un enclave pintoresco, cunha fermosa praia das mellores do mundo din e pouco máis, onde prima a cantidade de visitas e non a calidade ni a conservación do espazo.
  1. Que tipo de turismo acude ás Cíes?
  • Como se promove maioritariamente é un turismo de masas e non un turismo sostido ou ecolóxico, iso é o que maioritariamenta acode.
  1. Ons vai polo camiño das Cíes?
  • Si se comenza a promover do mesmo xeito que as Cíes, podería darse o caso, pero dubido e esperemos que esto non ocorra. O bo que ten esta illa, Ons, é que non é tan sensible como Cíes, por exemplo ten más kilómetros de camiños transitables e a masificación e o pisoteo ó estar os visitantes máis espallados, non afecta tanto. Aínda así, por seguridade e servizos, tampouco Ons está preparada para recibir máis visitas das viñan recibindo.
  1. Algo que queiras engadir.
  • Ogallá pronto teñamos un prux a altura das circunstancias que aseguren non so a conservación dos valores da illa, se non que planifiquen uns plans a curto, medio e longo prazo que recuperen a un estado máis ou menos natural as zonas xa degradadas, por exemplo no caso de eliminación de especies alóctonas como é o caso do eucalipto. Dubido que sexa con este governo. E como tamén dubido que as navieiras den o seu brazo a torcer no tocante ao aforo, logo de vir incumprindo a lei vendendo ilegalmente billetes falsos, non sei se se pode facer, pero na miña opinión deberían ser obrigados a abandoar a mesa de negociación do plan rector de uso e xestión do parque. Así como as cofradías locais de pesca, deberían entrar en razón e darse conta que de acoutarse unha parte do espazo marítimo como reserva integral de pesca, a porcentaxe na que se reduce o seu caladoiros é mínima e os resultados son moi beneficiosas para a pesca como se ven constatando en outros lugares onde están establecidas zonas de reserva integral de pesca.

A persoa entrevistada, traballadora na illa, non pode desvelar o seu nome por medo a represalias laborais; así é como traballa a Xunta e as súas empresas públicas. Agardamos que esta entrevista serva para esclarecer moitas das dúbidas que tiñamos sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas!