Espalla!
A Alternativa Canguesa de Esquerdas presenta unha moción de urxencia relativa ao CAR ou CIS
Verificados os graves incumprimentos e contradicións da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, o grupo municipal de ACE propón ao Pleno acordar o seguinte:
1º.- Dar a Consellería de Sanidade o prazo límite do 31 de xullo para entregar o documento relativo ao estudo de necesidades sanitárias. Hai que ter en conta que xa incumpriron o prazo de unha ou duas semanas para a súa entrega, de feito o prazo máis amplo rematou o 14 de xullo.
2º.- De non atender o requerimento do primeiro punto, este Concello consideraría qie todo se trata dunha mera operación propagandística  da Xunta co único obxectivo de non facer ren como xa aconteceou no caso de centro de saúde para O Hío-Aldán.
3º.- Deixar claro que o Concello de Cangas non cederá ningún terreo senón se garante que se vai poñer en marcha un Centro de alta resolución ou ben un centro integrado de saúde que atenda as seguíntes prestacións sanitarias:
Saúde buco-dental, unidade de prevención, xinecoloxía, traumatoloxía, cardioloxía, hematoloxía. dixestoloxía, dermatoloxía, oftalmoloxia,obstetricia, mediciña interna, cirurxia xeral, reumatoloxía e urxencias.
Espalla!