Espalla!

O alcalde, Xosé Manuel Pazos, vén de comunicar a nova vía que atopou o concello para eliminar a exaltación franquista da Igrexa. 

Dende a lei de memoria histórica é imposible actuar, pois a Igrexa é unha propiedade privada así como o adro que a rodea. Mais atopouse unha nova fórmula que se porá en marcha dende hoxe mesmo, coa fin de eliminar dunha vez a simboloxía franquista que temos que soportar a poboación canguesa dende o século pasado.

Dita vía impulsarase dende a área de urbanismo, recorrendo á lei de usos, pois a Igrexa é iso, unha Igrexa, e por tanto non está entre os seus usos facer publicidade franquista dende a súa fachada. Esta nova fórmula vén a complementar paralelamente á vía xudicial e á parlamentaria; que se atopan en marcha actualmente.