Agosto na memoria

Sen dúbida este mes é fundamental na reivindicación da memoria histórica en Galicia e tamén no Morrazo. As homenaxes sucédense, e durante uns días volven poñer o acento na necesidade de reparo ás vítimas do fascismo. Na propia concepción do golpe militar, planificouse...

Obxectivo inclusión: vivir sen límites.

Por Maite Villar: Concelleira de Servizos, Enerxía e Turismo Luns. 9:00h. Agardo polo autobús que me leva cara o traballo.  Vexo achegarse a unha rapaza que me pregunta se podo indicarlle cal ten que coller para chegar á estación de autobuses. Contéstolle que cara aló...

Programa de goberno municipal – Cangas 2019

Tralos resultados das eleccións locais do 26 de maio de 2019 os grupos políticos asinantes deste programa de goberno, fan esta proposta conscientes da necesidade de compartir unha acción común que permita que no período 2019-2023 se unifiquen criterios tendo como...

Comunicado de ACE e PSOE ante o ocorrido no pleno do luns.

Tras o Pleno celebrado o día 22 de xullo, queremos: Facer constar e lamentar que esta estratexia de bloqueo BNG/PP cause unha grave parálise do correcto funcionamento do Concello e perdas económicas (como por exemplo subvencións) que o actual goberno non pode...

ACE CONTINÚA COAS CONVERSAS PARA FORMAR GOBERNO

Dende ACE anúnciase que continuamos coas conversas de cara a fusionar todas as propostas dos distintos grupos así como para chegar a acordos no regulamento; o cal pretende unificar os criterios de gobernabilidade. ACE entregará hoxe por correo a todos os grupos as...

Asemblea sobre as residencias de maiores

Na asemblea estarán representantes da Asociación Vellez Digna e o Movemento Galego en Defensa das pensións públicas. Trala situación que se está a vivir actualmente coas residencias de maiores e, en particular, na residencia de Aldán; ACE amosa a súa preocupación...

FENDA DIXITAL: Unha realidade en pleno século XXI

Por Maite Villar Hoxe en día, a tecnoloxía é considerada como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento da sociedade. O término “Fenda Dixital” refírese á desigualdade entre persoas que poden ter acceso ou coñecemento en relación coas novas tecnoloxías (TIC)...

ACE traballará contra o illamento e soidade das persoas maiores

Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de manter una xuntanza con colectivos de pensionistas da vila, para recoller as súas demandas e presentar o programa  en materia de benestar social. “Desexamos a integración das persoas maiores na vida da vila como suxeitos...

As mulleres chegamos para quedarnos

As mulleres de ACE veñen de reivindicar esta mañá a súa presencia nas institución, co firme compromiso de acadar un concello gobernado por mulleres diversas, diferentes e plurais. Xoves, 16 de maio do 2019 Victoria Portas, candidata número 2 da Alternativa Canguesa de...

ACE aposta pola cultura e polo comercio local

Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de manter unha xuntanza con colectivos de comerciantes para expoñerlle o programa en materia de emprego e de dinamización comercial. Xuntanza produtiva cos colectivos de cultura onde ACE aposta pola dinamización, visbilización e...

Programa resumido de ACE

Velaquí vai o noso programa resumido, así como as fotos individuais de todas as persoas que conforman a candidatura. Camiña con nós para #seguirmellorando! Programa ACE resumido by alternativacanguesadeesquerdas on...

Comercio local: razóns para non converter a túa vila nun deserto.

Cando era nena, unha das cousas que máis me gustaba facer era acompañar a miña avoa a comprar: ir á leitería de Sra. Maruja que tamén era taberna, á tenda de Sisilito, a polo pan á de Rosa… Lémbrome de moitos negocios que había no pobo: Vilerma, a dos caramelos; o...

ACE presenta o seu programa de goberno con 8 puntos básicos

·  Dende Alternativa Canguesa de Esquerdas destacan un programa no que prima a transversalidade, de cara a desenvolver nos vindeiros catro anos unha política de igualdade, participación, integración e inclusión, onde toda a veciñanza se sinta parte imprescindible do...

Atallar a pobreza e a exclusión social depende de nós

Actualmente un de cada cinco galegos e galegas malviven na pobreza ou na exclusión social, pero no século XXI aínda parece un tema tabú. Non pode ser un tema tabú! como se pode intentar ocultar que na actualidade, ao noso redor, amizades, familia, veciñanza e...

ACE: Unha equipa para #SeguirMellorando

Velaquí vos amosamos a nosa candidatura; 24 mulleres e homes cun obxectivo en común: continuar facendo de Cangas unha vila de progreso, revalidar a alcaldía para gobernar sen hipotecas e #SeguirMellorando. Xosé Manuel Pazos ValeraVictoria Portas MariñoMariano Abalo...

ACE presenta a súa candidatura o venres ás 20h na Alameda Vella

O acto, que terá lugar ás 20h na Alameda Vella de Cangas, consistirá na presentación da candidatura para as vindeiras eleccións municipais, así como a exposición dos puntos principais do programa electoral. Alternativa Canguesa de Esquerdas presentará a súa...

ACE PRESENTA UNHA EQUIPA INTEGRADORA CON MAIORÍA DE MULLERES

Dende Alternativa Canguesa de Esquerdas destacan a importancia desta equipa polo seu carácter interxeneracional, con maioría de mulleres e onde o feminismo será transversal en todas as súas políticas. Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de presentar esta mañá á...

ACE ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE A EMPRESA PÚBLICA

Será o venres 5 ás 20:15h no Salón de Plenos do Concello de Cangas. ACE pretende achegar a empresa pública á veciñanza como unha das fórmulas máis axeitadas de xestionar os servizos públicos.A charla estará dirixida polo doutor en tecnoloxía ambiental e xestión da...

Novas actuacións aprobadas en Xunta de Goberno

O luns día 17, na Xunta de Goberno Local aprobáronse varios expedientes de contratación, actuacións coas estabamos comprometidas. Independentemente destes acordos, recordar que está en proceso e prazo de licitación as obras da urbanización de A Regueira, rematando o...

Non se aplicará o tarifazo da auga de Sotelo

Para evitar calquer intento de confusión ou mesmo de falla de información cómpre facer público o seguinte: Xa foi presentado escrito de preparación de Recurso de casación dirixido á Sala Terceira do Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG (17/Outubro/2018) con data...

A operación de Xosé Manuel Pazos desenvolveuse con éxito

Fúchedes moitos e moitas as que vos interesáchedes estes días pola saúde e o benestar do compañeiro Xosé Manuel; a operación realizouse con éxito no día de onte, e aínda que durmiu na UCI por precaución e protocolo neste tipo de intervencións, xa acaba de subir a...

Asemblea veciñal: ciclo integral da auga e xestión do lixo a debate

A Coordinadora Local de ACE fai pública a súa decisión de celebrar unha asemblea veciñal aberta o próximo xoves día 11 ás 20:00h da tarde no salón de plenos do Concello. ACE considera de vital importancia que nestes momentos máis que falar de candidaturas e candidatxs...

Que demandas esixe ACE respecto ás necesidades sanitarias do Morrazo?

A proposta céntrase en varios puntos concretos: Rexeitar o traslado do Centro de Saúde de Cangas, evitando a súa deslocalización. Esixir a revisión do documento do convenio, reclamando que o mesmo debe ir inescusablemente vencellado á implantación de especialidades, a...

🏥O FUTURO DA SANIDADE NO MORRAZO🏥 – Charla

🏥O FUTURO DA SANIDADE NO MORRAZO🏥 ☑"Por un verdadeiro Centro Integral de Saúde". 📍Este venres ás 20h no Salón de Plenos do Concello de Cangas do Morrazo contaremos coa presenza de todos os colectivos de defensa da sanidade pública: 👉Dende A Voz da Sanidade: Chicha...

A Xunta aportará un 20% menos para o aparcadoiro de O Hío.

Finalmente, a Axencia de Turismo de Galicia só aportará 29.650€ pese a solicitar 38.800€. Aínda así, a diferencia garantirase dende a área de Urbanismo. Desta maneira, o responsable de Urbanismo afirma que o proxecto executarase nos próximos meses; tendo en conta que...

Sabes se podes solicitar o bono social de electricidade?

Moitas familias e persoas non están solicitando o bono social por descoñecemento, dificultade na xestión ou simplemente porque non sabe se pode optar ao mesmo. Grazas a CIVIO podedes saber se tedes dereito, consúltao na seguinte aplicación: ">...

Vence dará unha charla en Cangas sobre economía circular

Xavier Vence, catedrático en economía na USC, dará unha charla en Cangas sobre economía circular, atendendo principalmente ó actual contrato do lixo, o cal remata a prorroga nuns meses e no que está en xogo outro modelo de xestión. Dende a economía circular...

Sobre a ubicación de instalacións sanitarias en Cangas

Despois da xuntanza de voceiros dos grupos municipais do noso Concello, pasamos a detallar a nosa proposta de ubicación: A Rúa en ámbalas dúas marxes. Monte Carrasco, á altura do IES do mesmo lugar. Altamira, na zona contigua ao actual Centro de Saúde. Nave principal...

Pazos esixe en Santiago melloras nas estradas da Xunta en Cangas

O alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela fíxolle entrega á conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez dun dossier elaborado pola policía local de Cangas que recolle todas as melloras a acometer na nosa vila. Despois de varios meses tentando acordar unha reunión coa...

Apróbanse os orzamentos do Concello de Cangas

A débeda do Concello pasa de 14M/€ co PP a 9,9M/€ con ACE na concellería de Facenda. A corporación do Concello de Cangas aprobou onte en pleno extraordinario os orzamentos deste ano. O concelleiro de Facenda, Mariano Abalo, defendeu o documento da proposta. Son uns...

Charla en Cangas: Que está ocorrendo coas pensións?

Alternativa Canguesa de Esquerdas, organiza unha charla o mércores 14 ás 19.30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Nela abordarase o tema das pensións públicas e intentarase resolver todas as dúbidas; pois encabezará a charla Victoria Portas, voceira da...

Levaremos a Portos de Galicia ós tribunais: basta de espolio

Respecto á aprobación do Plan de Usos do Porto de Cangas por parte da Xunta de Galicia, ACE quere facer pública a súa posición. Dende ACE consideramos que Portos de Galicia só ten en conta a Cangas para espoliar ao concello economicamente. Este problema consolidouse...

ACE cara á folga feminista

Alternativa Canguesa de Esquerdas manifesta o seu total apoio á folga feminista convocada para o día 8 de marzo; animando a todas as traballadoras, asalariadas ou non, a parar e colgar as súas ferramentas de traballo. Dende ACE consideramos que, por desgracia, neste...

Nova vía para eliminar a exaltación franquista da Igrexa

O alcalde, Xosé Manuel Pazos, vén de comunicar a nova vía que atopou o concello para eliminar a exaltación franquista da Igrexa.  Dende a lei de memoria histórica é imposible actuar, pois a Igrexa é unha propiedade privada así como o adro que a rodea. Mais atopouse...

ACE esixe á Xunta o Centro de Alta Resolución para o Morrazo

ACE vén de rexistrar unha moción que defenderá no vindeiro pleno de Cangas na que esixe á Xunta o Centro de Alta Resolución para o Morrazo.   Dende ACE crese que a Consellería de Sanidade está realizando unha confusión deliberada con respecto ó estudo de necesidades...

O PP usa a mentira para ocultar a súa nefasta xestión pública

Onte o PP lanzou varias mentiras no Faro de Vigo a propósito do modelo de xestión municipal, por iso nos vemos na obriga de facer varias puntualizacións públicas. De sobra é coñecida a estratexia do Partido Popular: mentir e embarrar para ocultar, tanto a súa nefasta...

Os servizos públicos: a necesidade de recuperalos

Respecto aos servizos públicos; na reunión da Coordinadora Local da Alternativa Canguesa de Esquerdas decidiuse tomar a iniciativa no tocante aos servizos públicos e elevalo tanto ó debate interno como público; pois este é un tema que ten que ser participado por toda...

Entrevista a un axente de Cíes sobre a situación das Illas Atlánticas

Cal é a situación actual das Cíes? Estamos en setembro, mes que adoitan escoller os visitantes que fuxen da masificación, e hai pouca afluencia de visitantes, pero ideal no sentido de conservación, de desfrute para os visitantes e de xestión para o persoal do parque… ...

Declaración do goberno de Cangas perante o acontecido en Catalunya

Os Grupos municipais dos partidos políticos que conformamos o goberno local de Cangas, ACE, BNG E ASPUN queremos manifestar a nosa preocupación e rexeitamento diante dos graves acontecementos das últimas horas en Catalunya contra os dereitos civís con detencións e...

ACE apoia o dereito a decidir dos pobos fronte ao 1-O,

Dende Alternativa Canguesa de Esquerdas percibimos como insólito que se estea a coartar o dereito a decidir con fórmulas que recordan ao fascismo. Vimos presenciando nestas últimas xornadas, actos de verdadeiro esperpento político. Unha guerra constante contra...

Que está pasando co bus a Coiro?

A veciñanza de Coiro vén presentando queixas -con razón- pola falta de servizo de transporte na súa parroquia: o bus a Coiro continúa sendo unha pantasma. Mais temos que deixar claro que o concello non é responsable desta nefasta xestión, o Concello o que fixo foi...

Información sobre o conflito do transporte en Cangas.

Nos últimos días vimos de coñecer o absoluto desastre que fixo a Xunta en canto a mobilidade e transporte público na nosa vila. Estamos especialmente indignadxs; pois despois de facer todo o que estaba na nosa man dende as responsabilidades no concello, practicamente...

BOLETÍN INFORMATIVO DA ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS

Presentamos na rede o boletín informativo da Alternativa Canguesa de Esquerdas. Neste boletín poderás observar o traballo feito nestes dous anos no goberno, así como posicións defendidas dende a ACE. Podes lelo mellor na seguinte ligazón: https://goo.gl/eiJsJ7 Boletín...

ACE únese ó acto homenaxe a Pepe Chimé no Día da Matria

Onte o pobo de Cangas despediu ao compañeiro Pepe Chapela. Un home que se convertiu no primeiro alcalde da democracia de Cangas trala ditadura franquista. O noso compañeiro Xosé Manuel Pazos tivo a oportunidade de adicarlle unhas palabras; el recordounos como Chimé...

ACE participa no acto polos dous anos da Marea Marín

A Alternativa Canguesa de Esquerdas foi invitada pola Marea Marín a participar neste sábado no acto programado polos dous anos da iniciativa popular. A Marea Marín, vén de facer un inmenso traballo no concello, representando, como dixo Sandra Pesqueira na apertura de...

Alternativa Canguesa de Esquerdas