Espalla!

A veciñanza de Coiro vén presentando queixas -con razón- pola falta de servizo de transporte na súa parroquia: o bus a Coiro continúa sendo unha pantasma.

Mais temos que deixar claro que o concello non é responsable desta nefasta xestión, o Concello o que fixo foi reclamar, reclamar e volver reclamar aos responsables territoriais que arranxaran os problemas canto antes, ante as falsas problemas da Xunta; pois daquela reunión celebrada hai case un mes asegurouse que o problema “estaría arranxado en dous días”.

Dous días fixo un mes, e o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela deu un ultimátum ao Delegado territorial e conselleiro de infraestruturas de Pontevedra; o cal asegurou dúas cousas:

  1. Que o proxecto do bus a Coiro, en forma de circular xa rematou e vai funcionar axiña.
  2. Que aínda que o proxecto está rematado falta licitar o servizo, pois é unha ampliación de servizo ao xa licitado; isto depende de Santiago.

Pazos asegurou esta mañá que se o luns o problema do bus a Coiro continúa, o martes chamará a Santiago de forma urxente. Mais o delegado de infraestruturas afirmou que o luns o proxecto estaría resolto.

Continuaremos pelexando polos servizos públicos de calidade que nos pertencen; este grupo de goberno xamais vai apoiar nin participar de atrocidades coma esta, onde se lle eliminan servizos básicos á cidadanía. Ao contrario, loitaremos -como xa estamos a facer- para que iso non ocorra. E volvemos recordar: o transporte é 100% competencia da Xunta, e aínda que nós non temos absolutamente ningunha responsabilidade fixemos e seguiremos facendo todo o posible por mellorar o servizo.