Finalmente, a Axencia de Turismo de Galicia só aportará 29.650€ pese a solicitar 38.800€. Aínda así, a diferencia garantirase dende a área de Urbanismo.
Desta maneira, o responsable de Urbanismo afirma que o proxecto executarase nos próximos meses; tendo en conta que o mesmo foi modificado varias veces co gallo dos requisitos da Dirección Xeral de Patrimonio; organismo que ten que emitir o informe preceptivo. Abalo asegurou que “hai que agardar a que decida, e cando veña o informe sacarase a licitación da obra”.
Mariano Abalo apunta a que a obra estará rematada nos próximos meses, e engade que “é unha actuación ambiciosa para solucionar o problema dos vehículos que afean ese entorno e mesmo invaden a estrada”.
Para nós, o compromiso cos colectivos veciñais da parroquia de O Hío continúan vixentes, e un deles é crear infraestruturas como dito aparcadoiro. O proxecto contemplará ademais acondicionar o terreo sito na parte baixa do Igrexario, adecuando os ámbitos das igrexas do concello, evitando así un uso exclusivo e constante de aparcadoiros nas zonas monumentais e incrementando o espazo para deleite humano.