Espalla!
  • O ultimato chega tras varios intentos de eliminar homenaxes ó fascismo na nosa vila sen ter resultados, e ante a protección da Igrexa de Cangas a un réxime opresor que sementou o terror na nosa vila e no Estado español durante 40 anos.

  • A moción preséntase no marco do aniversario do Golpe de Estado en xullo do 1936.

A Alternativa Canguesa de Esquerdas levará a pleno este venres unha moción que defenderá a eliminación definitiva da fachada franquista na Excolexiata de Cangas. Para ACE non se entende como podemos continuar a ter simboloxía franquista no casco vello do pobo; unha fachada que homenaxea a Primo de Rivera, o cal fundou, xunto Ledesma Ramos a Falange Española de las JONS. O mesmo partido que defendía a ideoloxía fascistas, ultranacionalista, militarista e católica entre outras; o concelleiro de Patrimonio pregúntase se alguén quere eses valores expostos na nosa vila.

“Dende aquí temos que mirar carea Alemaña e Italia, onde se erradicou, como non podería ser doutra maneira, toda a presenza simbólica referida a Hitler ou a Mussolini, onde os saúdos fascistas son delito mentres aquí, non só se fan senón que se acompañan do ‘Cara al sol’ diante dun ex-ministro do PP da suposta democracia” engadía Mariano Abalo.

Dende ACE lamentan que o avance de Alemaña e Italia non se dera no Estado Español, na medida en que non houbo ruptura democrática, senón “unha mera transición sen reforma algunha do estado franquista” concluía o voceiro de ACE.

A moción pretende dar un prazo improrrogable á Igrexa Católica de 30 días naturais para que proceda á retirada de simboloxía franquista, así como advertir que se nese tempo non se procede á retirada, o Concello de Cangas tomará as accións oportunas e procederá á retirada de toda simboloxía franquista da fachada da Excolexiata de Cangas.

Moción para a eliminación da fachada franquista na Excolexiata de Cangas by alternativacanguesadeesquerdas on Scribd