Espalla!

Alternativa Canguesa de Esquerdas, mediante o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, eleva a pleno a proposta do desbloqueo da tarxeta de transporte metropolitano.

O alcalde pide nos acordos solicitar ao presidente da Xunta de Galicia e ás alcaldías da área metropolitana o desbloqueo de dita tarxeta. Ademais, solicita ao Concello de Vigo a paralización da substitución da Tarxeta Verde pola PassVigo; pois dende o noso concello consideramos que se está a vulnerar desta maneira os dereitos da cidadanía de Cangas, pois discriminar ás persoas usuarias dun servizo público por razón de residencia, non só é contrario aos principios esenciais de convivencia senón que pode ser inconstitucional e ilegal.