Espalla!
  • Un grupo de gaitas e os cangueses Pultur amenizarán o peche de campaña da Alternativa Canguesa de Esquerdas.

Cangas a 22 de maio do 2019

Alternativa Canguesa de Esquerdas celebra o peche de campaña con música en directo da man do grupo cangués Pultur, moi coñecidos pola canción contra o bullying que sacaron este ano. Ademais, tamén haberá un grupo de gaitas co que desfrutar da nosa cultura en directo.

No acto, falará o actual alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela, a ex voceira da coordinadora estatal en defensa das pensións públicas Victoria Portas, o actual concelleiro de facenda, urbanismo e patrimonio Mariano Abalo, a activista pola inclusión e a diversidade Maite Villar e a activista en defensa dos dereitos das mulleres do rural e fundadora da asociación Mulleres da Escola Vella do Hío Aurora Prieto.

O conxunto da candidatura quere agradecer a gran acollida que tivemos na campaña, pero sobre todo quere convencer a todas aquelas persoas que están indecisas; animalas a que lean o noso programa. Un programa deseñado para ás de abaixo á esquerda, que defende ás precarias fronte os poderosos. Por tanto dende a candidatura, animan a reforzar o voto en ACE para ter un goberno de esquerdas sen hipotecas, para seguir mellorando.

Dende ACE animan a vir o venres 24 ás 20:30h no Parque da Palma a toda a veciñanza que desexe pasar un bo rato.