Espalla!
  • Cangas era a única vila que non estaba adherida ao Plan Ágora.
  • O obxectivo é a recuperación de espazo público para os peóns, o fomento da mobilidade alternativa e a creación dunha rede de traballo con outros concellos da provincia.

Cangas, 5 de marzo de 2021

Adrián Pena, concelleiro de mobilidade, vén de rexistrar de maneira urxente unha moción para a adhesión ao Plan Ágora da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo recuperar espazo público, creando vilas de convivencia amables, acolledoras e saudables. Así, Cangas deixará de ser a única vila da comarca sen adherirse a dito plan.

Pena considera que os posibles proxectos que se leven adiante neste plan beneficiarán a toda a cidadanía; pois é unha aposta pola recuperación de espazos seguros e o fomento da mobilidade alternativa.

Coa adhesión a este plan, búscase tamén formar parte dunha rede de traballo con outros concellos, onde poidamos intercambiar experiencias e información, así como liñas de accións comúns cara á revalorización do espazo público.

O edil de mobilidade, considera imprescindible ter presenza nestes grupos de traballo tendo en conta a situación da crise sanitaria da COVID19; xa que se vén evidenciando a importancia de contar con espazos públicos de calidade nas nosas vilas.