- Na asemblea estarán representantes da Asociación Vellez Digna e o Movemento Galego en Defensa das pensións públicas.
Trala situación que se está a vivir actualmente coas residencias de maiores e, en particular, na residencia de Aldán; ACE amosa a súa preocupación polas condicións que se están a dar tanto no eido dos coidados como na situación precaria do cadro de persoal.
Por estes motivos, mañá 17 de xuño, ás 19h na Cámara Agraria, ACE convoca unha asemblea para marcar as liñas de actuación nas diferentes institucións responsables da xestión.
Participarán a Asociación Vellez Digna e o Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas, mais é aberta a todas as persoas que estean relacionadas coa problemática das Residencias de Maiores.