Alternativa Canguesa de Esquerdas, organiza unha charla o mércores 14 ás 19.30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Nela abordarase o tema das pensións públicas e intentarase resolver todas as dúbidas; pois encabezará a charla Victoria Portas, voceira da coordinadora estatal en defensa do sistema público de pensións, integrante de MODEPEN e experta en temas de seguridade social.
A charla é aberta ao público e gratuíta.