Espalla!

Davide Rodríguez, deputado no Parlamento de Galicia, fíxose eco das nosas denuncias e presentou unha pregunta escrita para a súa contestación por oral en Pleno. 

Dita pregunta trata sobre a aplicación de herbicidas nas marxes das estradas sitas en Cangas pero de titularidade da Xunta de Galiza.  O 13 de xullo, En Marea foi alertada do uso de compoñentes químicos por parte da Xunta de Galicia nas marxes da PO-551 en Aldán ó carón de colmeas de abellas. Os apicultores do Morrazo parece que non teñen suficiente con facerlle fronte á praga da Vespa Velutina, que diminúe considerablemente a súa produción que ademais, teñen que sufrir as indiscriminadas fumigacións por parte da Xunta.

Tanto dende ACE como dende En Marea cremos que a institución autonómica ten un vicio coa aplicación destes velenos, concretamente do glisofato: un potente herbicida xenérico que a Unión Europea está a piques de prohibir e que a OMS considera como canceríxeno.

Estas malas prácticas, ademais de contribuír á contaminación química dos acuíferos e ao envelenamento do medio, son un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amorea. A práctica de evitar o crecemento da vexetación herbácea das cunetas mediante o uso masivo e indiscriminado de herbicidas, comporta máis efectos negativos que positivos. Dende ACE e dende En Marea reclámase o abandono destas prácticas e a substitución por traballos de rozado mecánico, con recuperación da materia orgánica para a fabricación de “compost”. Por todo o anterior o Grupo Parlamentario de En Marea presentou as seguintes preguntas para a súa resposta oral en Pleno:

Ata cando vai a Xunta de Galicia, coñecedora de informes negativos contra estras prácticas, seguir usando estes potentes velenos?

 

Pregunta de Davide Rodríguez no Parlamento de Galiza sobre herbicidas aplicados en Cangas by alternativacanguesadeesquerdas on Scribd