Espalla!

Os Grupos municipais dos partidos políticos que conformamos o goberno local de Cangas, ACE, BNG E ASPUN queremos manifestar a nosa preocupación e rexeitamento diante dos graves acontecementos das últimas horas en Catalunya contra os dereitos civís con detencións e rexistros en departamentos da Generalitat, a persecución política contra os lexítimos representantes dunha parte maioritaria do pobo catalán, control das contas da Generalitat por parte do goberno central e o ataque contra os dereitos colectivos dos pobos e o dereito a decidir que constitúen unha seria ameaza aos principios mínimos democráticos por parte do goberno español.

Os cargos públicos debemos dar resposta chamando á convivencia e o diálogo, con firmeza e unidade ao redor da defensa dos dereitos e da democracia.

Como aparece recollido na sentenza do 22 de xullo de 2010 do Tribunal Internacional de Xustiza da Haya, ·”cando hai unha contradición entre a legalidade constitucional dun Estado e a vontade democrática, prevalece esta segunda, e declaramos que nunha sociedade democrática, a diferenza dunha ditadura, non é a lei a que determina a vontade dos cidadáns, se non que esta é a que crea e modifica cando sexa necesario a legalidade vixente”.

 

Cangas,21 setembro 2017