Onte comezaron os primeiros contactos para avanzar na redacción do PXOM que se fixa un prazo de tres anos.
Entre outras cousas, fíxose fincapé no aproveitamento das canteiras de Aldán, a zona empresarial da Portela e a ampliación do polígono de Castiñeiras. Dende ACE defendimos enerxicamente a protección dos espazos naturais e bens patrimoniais; así como a resolución dos problemas de mobilidade que existen nalgunhas parroquias por mor dun turismo desmedido que taponan as saídas principais do Hío e Aldán entre outras. Buscaremos con esta ordenación do territorio incidir nun turismo menos salvaxe que non nos faga dependentes do mesmo, pois Cangas precisa un turismo que sexa racional e equilibrado.
Por outro lado, é evidente a falta de espazos libres que existen no centro urbán, temos que camiñar hacia un modelo máis humano que invite á xente a estar na rúa comodamente, con máis espazos para os viandantes, en definitiva, unha vila para as persoas.
Todo isto verase complementado coas achegas dos colectivos implicados no Consello Sectorial de Urbanismo, polo que a redacción do PXOM será totalmente participada, creando así unha ordenación do territorio social e democrática, que defenda os intereses do pobo de Cangas.
