Por Maite Villar
Hoxe en día, a tecnoloxía é considerada como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento da sociedade. O término “Fenda Dixital” refírese á desigualdade entre persoas que poden ter acceso ou coñecemento en relación coas novas tecnoloxías (TIC) e as que non teñan acceso ou aínda tendo non saiban utilizalas.
Un 80% dos fogares galegos contan con Internet; porén, seguimos a estar por debaixo da media europea, e aínda que a fenda dixital vai en descenso en canto a acceso, a presenza de equipamento TIC nun fogar non é garantía de que todas as persoas que integran unha familia o utilicen (fenda dixital de uso).
Cando as TIC comezaron a coller auxe, críase que existía certo retraso nalgúns sectores sociais, colectivos e países; supoñíase que este aspecto superaríase co paso do tempo e co aumento da dispoñibilidade de ordenadores e conexións a Internet. Máis, a día de hoxe, a realidade é que as desigualdades neste eido continúan existindo, e non só iso, senón que ademais amplíanse, adoptando novas formas.
Algunhas das vantaxes de acceder ás novas tecnoloxías son o acceso a Internet, ó coñecemento e a miles de oportunidades, novas formas de comunicarse, teletraballo e comercio electrónico, facilitar tarefas diarias mediante a informática, dómótica e informática no fogar que favorece a accesibilidade de persoas discapacitadas e anciáns… Porén, tamén e certo que quenes non integren estas tecnoloxías na súa vida corren o risco de quedar na obsolescencia, por mor da evolución e do carácter dinámico das mesmas.
Non ter acceso a tecnoloxía ou non saber utilizala e sinónimo de desigualdade de oportunidades ante o mercado laboral actual, no acceso á información e ós bens culturais.
As mulleres non podemos quedar excluídas neste eido. Pechar a fenda dixital de xénero contribúe a potenciar o impacto positivo das TIC na redución das fendas sociais de xénero que existen. Promocionar a adquisición das habilidades precisas para o uso das tecnoloxías que permitan a inclusión das mulleres neste eido, revirte directamente en aspectos fundamentais para nós como o empoderamento, a integración ou a loita en contra da violencia de xénero.
Un estudio sobre o uso das tecnoloxías da información por parte dos nosos maiores conclúe que tan só o 7% das persoas maiores de 70 anos as utilizan, o que sitúa a este colectivo ante un posible novo tipo de marxinación, ó consideralas incapaces de adaptarse. Como dí Alan Key: “Las cosas que tenemos que aprender son difíciles, mientras que las cosas con las que crecemos son solo parte del medio ambiente”. Porén, é preciso reducir a fenda dixital xeracional desenrolando ferramentas que faciliten a búsqueda de información, como por exemplo mediante a voz ou adaptando as diferentes tipografías á súa capacidade visual.
Existe un proxecto chamado “Los adolescentes enseñan habilidades de Internet” (TTIS polas súas siglas en inglés) que consiste en que a mocidade comparta os seus coñecementos sobre novas tecnoloxías coas persoas maiores. Constituíuse nunha experiencia interxeracional ó fomentar unha actitude positiva entre as persoas maiores en relación coa comodidade ó traballar con adolescentes, e o respecto dos adolescentes, a súa capacidade de ensinar e a súa paciencia coas persoas maiores.
Se nos fixamos no tramo de idade 16-55 anos, poderemos observar que o 79% utiliza Internet. Isto ten un impacto tanto positivo (diversas oportunidades de aprendizaxe, socialización, entretemento, desenvolvemento de habilidades…) como negativo (distanciamento afectivo, pérdida de comunicación e da capacidade de escoita…) asociado ó uso e abuso das novas tecnoloxías. Non debemos ignorar esta cuestión. Fomentar modelos de comunicación social reais e educar no uso das TIC é unha tarefa vital.
Como tampouco debemos ignorar que a día de hoxe, a desconexión entre os retos que plantea a realidade dixital e a percepción que temos en relación coas esixencias formativas para afrontala e verdadeiramente preocupante. Por moitas oportunidades de formación que nos brinde a era dixital, non poderemos mellorar se non somos conscientes de que precisamos facelo.