- Debido ás declaracións malintencionadas e manipuladoras da voceira do BNG, ACE vese abrigada a aclarar varios puntos; pois parecíanos obvio pero semella que temos que explicar de novo que ningún tipo de proposta sobre Massó ou sobre a UA-27 vai a poder tramitarse ao marxe non só do equipo de goberno senón tamén do conxunto da Corporación municipal e mesmo sen contar co pobo de Cangas.
Dende ACE consideramos que hai que ter pouca vergoña e menos escrúpulos para tratar de intoxicar a ordenación urbanística de Massó, cando o BNG sabe sobradamente que non é sinxelo aprobar nada sen, como mínimo, o respaldo maioritario da corporación. Este sentido, cremos que o BNG é a outra cara da mesma moeda co PP: enfángase na guerra sucia un BNG que foi desleal e deshonesto respecto á tramitación do PXOM, permitindo que o PP tombase os primeiros pregos co resultado do correspondente retraso na tramitación e o encarecemento do traballo.
É obrigado tirarlle a máscara a un BNG que fixo o imposible para que o proxecto do porto deportivo fose adiante tratando de rebentar a loita mariñeira e do pobo de Cangas contra o porto e contra a urbanización, motivo que provocou a ruptura do pacto de goberno do ano 2007, porque ao mellor a algúns e a algunhas pésalle máis as débedas coa banca que a defensa dos intereses públicos.
Non deixa de ser curioso que que non moveu un dedo por salvar Massó, agora teñan a caradura de pretender presentarse como salvadores do que no seu momento malvanderon.
Non é interese de ACE fomentar polémicas estériles para Cangas, pero insistimos en que non imos calar diante de calquera difamación ou intoxicación.
Por último recordar que a concellaría de urbanismo preparará, de acordo coa equipa redactora do PXOM, do técnico municipal e da consultoría e asesoría técnica, unha proposta de ordenación de Massó para poñela en mans da Corporación Municipal e dos colectivos sociais.