Espalla!
Para evitar calquer intento de confusión ou mesmo de falla de información cómpre facer público o seguinte:
Xa foi presentado escrito de preparación de Recurso de casación dirixido á Sala Terceira do Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG (17/Outubro/2018) con data de 5 de decembro do ano actual.
Os servizos xurídicos deste Concello afirman que o recurso de casación ten carácter suspensivo, razón pola que os recibos que se porán ao cobro unha vez aprobado o padrón correspondente serán exactamente igual que os que se veñen poñendo ao cobro nos últimos trimestres.
O Sr. Interventor Municipal xa está traballando na Ordenanza que entende debe ser aplicada nos trimestres sucesivos e que terá como base unha ordenanza que nunca permita cobrar de forma abusiva como pretende a concesionaria.
O PP e a concesionaria UTE Gestión Cangas – AQUALIA deberían poñerse de acordo porque Aqualia denuncia e reclama que queren cobrar máis e o PP afirma que están a cobrar máis do que lle corresponde. Debe ser que Sotelo e a empresa non saben que contrato asinaron.
En definitiva, o goberno local nin aceptou o tarifazo de Sotelo nin tampouco as reclamacións impresentables de Aqualia.
Finalmente, engadir que preferentemente non volveremos a emitir máis manifestacións, a menos que sexa imprescindibles, mentras non estea rematado o expediente de nulidade para seren enviado ao Consello Consultivo.