Respecto á aprobación do Plan de Usos do Porto de Cangas por parte da Xunta de Galicia, ACE quere facer pública a súa posición.
Dende ACE consideramos que Portos de Galicia só ten en conta a Cangas para espoliar ao concello economicamente. Este problema consolidouse cando, a principios dos 200, José Cuíña e José Enrique Sotelo asinan un convenio que deixa a Cangas como institución obrigada a manter e pagar todo o que arrodea o ámbito portuario; iso si, sen recibir nada a cambio, simplemente por unha miseria electoral e por algo que a Xunta estaba obrigada a materializar.
Despois desta grave decisión de Portos de Galicia, o Concello de Cangas debe estudar todas as vías legais ao seu alcance para defenderse de dito espolio e do abuso de poder da Xunta do PP.
Queremos deixar ao descuberto o cinismo e a dobre moral do PP de Cangas, que en lugar de apoiar ao pobo e ao concello dedícanse a defender a unha xunta que odia e despreza a Cangas; non investindo absolutamente nada. Só están preocupados por conseguir que a Xunta non realice nada en Cangas que sexa realmente importante: Centro de alta resolución, centro de saúde do Hío-Aldán, melloras viarias ou melloras no ciclo integral da auga.
Para rematar, engadir que ACE garante que se levará a Pleno as accións políticas e legais que procedan para defender a Cangas diante do continuo e provocador desprezo e agresión da Xunta do PP, que por desgraza aínda conserva votantes no noso concello.
Grupo Municipal de ACE.