A proposta céntrase en varios puntos concretos:
- Rexeitar o traslado do Centro de Saúde de Cangas, evitando a súa deslocalización.
- Esixir a revisión do documento do convenio, reclamando que o mesmo debe ir inescusablemente vencellado á implantación de especialidades, a desenvolver por médicos especialistas, unido ós equipos e servizos recollidos no anexo[1] que adxuntamos.
- Previsión e definición no PXOM dos equipamentos público-sanitarios acordes coas reivindicacións expostas nos puntos anteriores.
- Reclamar da Consellería de Sanidade que a actuación debe ter carácter supramunicipal, incluíndo necesariamente a Bueu, tanto por ser unha obriga socio-sanitaria como económica, deixando claro que Cangas atenderá a aportación de terreos sempre e cando se acometa neles un auténtico CAR ou CIS, e non a estafa e o fraude de pretender vender que en 1400 m2 se poida levar a cabo tal infraestrutura.
- Iniciar de inmediato os pasos necesarios para que os concellos de Bueu, Cangas e Moaña se comprometan a promover unha campala de sensibilización e mobilización social para acadar os obxectivos sanitarios que toda a cidadanía do Morrazo debe compartir.
ANEXO
Demanda e concreción: consultas de especialidades relativas ao CIS.
Este anexo está baseado en datos compulsados na área do CHUVI (sur de Pontevedra). A pesar de ser números estatísticos os que determinan a orde que abaixo se indica, existen idiosincrasias, con respecto a estas mesmas especialidades, dependendo da época do ano e da localidade.
En primeiro lugar, resáltase que o aparecemento da especialidade de MEDICINA INTERNA, actúa como un cinto de seguridade do persoal médico de atención primaria, para os casos no que non teñen de todo esclarecido o destino a dar á persoa doente.
A lista de especialistas sería a seguinte:
- Medicina Interna
- Xinecoloxía e Obstetricia
- Aparato Dixestivo
- Traumatoloxía
- Cardioloxía
- Uroloxía
- Nefroloxía
- Neumoloxía
- Oftalmoloxía
- Cirurxía
- Dermatoloxía
- Otorrinolaringoloxía
- Endocrinoloxía
- Reumatoloxía
Estas especialidades están intimamente ligadas a outros servizos, que son considerados indispensables, pois sempre deberan estar integrados nos servizos básicos dos centro de saúde normais como son:
- Fisioterapia
- Servizo de Radioloxía
- Ximnasio de recuperación física
- Ximnasio de recuperación cardiolóxica
- Odontoloxía (completa)
- Análises clínicos normais
- Salas de recobro
- Pediatría
- Medicina de Atención primaria
- Psicoloxía
- Psiquiatría
- Enfermería xeral
- Servizos sociais
- Gabinete radiolóxico permanente
- Servizo de ecografía normal e mamaria
A parte destes servizos, non se pode esquecer a especialidade de pediatría, cunha instancia do servizo de 24 horas, o servizo de psiquiatría, un ou unha psicóloga e naturalmente, en función do número de tarxetas emitidas, o número de asistentes sociais necesarias.
Notas esenciais*
- Servizo de hemodiálises, debidamente estruturado e dimensionado
- Debera incluír no servizo de radioloxía todo tratamento por imaxes dixitais, tamén o T.A.C, e habilitado as 24h.
- O servizo de análises clínicos tamén debe funcionar as 24h.
[1]Ver ao final do documento