Espalla!

Despois da xuntanza de voceiros dos grupos municipais do noso Concello, pasamos a detallar a nosa proposta de ubicación:

  1. A Rúa en ámbalas dúas marxes.
  2. Monte Carrasco, á altura do IES do mesmo lugar.
  3. Altamira, na zona contigua ao actual Centro de Saúde.
  4. Nave principal de Massó.

Argumentos que sosteñen esta proposta aberta e plural:

  1. a) Recolle as distintas propostas que se foron poñendo enriba da mesa.
  2. b) Evítase, na nosa opinión, o risco de facer unha única proposta que corra o risco de seren desbotada polo Sergas ou que haxa complicacións á hora de facerse cuns terreos concretos por exemplo por inviabilidade económica ou legal.
  3. c) A ubicación definitiva debe contar necesariamente co beneplácito municipal e fundamentalmente do propio Sergas.

Para rematar, o grupo municipal de ACE quere deixar claro que non imos fomentar o xogo que algúns pretenden de abrir unha batalla pola ubicación, que só pode provocar a inviabilidade do proxecto, cando resulta que nin está presentado o estudo de Gesmédica nin tampouco temos confirmado por parte do Sergas cal sería a superficie necesaria, e sobre todo, que prestacións sanitarias se garantirían e mesmo se vaise prestar unha atención sanitaria similar a un CAR.